Xunta e Autoridade Portuaria analizan os retos relacionados coa operatividade do porto

Xunta e Autoridade Portuaria analizan os retos relacionados coa operatividade do porto

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo o día 16 de febreiro unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía; José Manuel Cores Tourís, nas instalacións do porto arousán.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo o día 16 de febreiro unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía; José Manuel Cores Tourís, nas instalacións do porto arousán.

A reunión serviu para analizar a actividade do porto no contexto actual, marcado pola alerta sanitaria da covid-19, así como para  repasar os retos relacionados coas dársenas e os espazos portuarios. Na visita, na que tamén participou a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, destacouse a importancia do movemento de tráficos portuarios para a dinamización non só da actividade loxístico-portuaria, senón de toda a economía de Galicia, así como o papel crave dos portos en ámbitos como o comercio exterior.

O encontro dá continuidade ao celebrado a principios deste mes entre a conselleira do Mar cos presidentes das cinco autoridades portuarias de Galicia -A Coruña, Ferrol-San Cibrao, Marín-Ría de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa-, sendo o seu propósito intercambiar pareceres sobre a operatividade e competitividade do peirao.

O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas

Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio

O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala

A competición disputarase entre este xoves e o sábado, coa participación de 25 equipos

O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano 

Rózanse as 164.000 toneladas de mercadoría movida no mes de xuño, mentres que a primeira metade do ano péchase con case 800.000 toneladas