Novas

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renovou as certificacións ISO 9001, ISO 14001 e ISO 45001. As certificacións, emitidas pola firma ICDQ, están referidas aos ámbitos de xestión de calidade; xestión ambiental; e xestión de seguridade e saúde no traballo, respectivamente. As certificacións estarán vixentes ata 2027, debéndose superar unha…

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, a través da Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa, realizou esta mañá un exercicio de loita contra a contaminación mariña que simula unha vertedura accidental de metanol en augas interiores do porto de Vilagarcía. Faio coa intervención da área de Contaminación Mariña da Dirección Xeral da…

O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao primeiro dos dous cruceiros previstos para esta fin de semana. Esta xornada festiva do 17 de maio, Día das Letras Galegas, visítanos o National Geographic Explorer, cun centenar de pasaxeiros a bordo. Trátase dun cruceiro de 112 metros de eslora e bandeira de Gran Bahamas, que fixo a súa entrada en porto á…

O porto de Vilagarcía abre hoxe a tempada de cruceiros coa escala do “Hebridean Sky”, da navieira Nobre Caledonia, un cruceiro de 90 metros de eslora e bandeira de Gran Bahamas. O buque atracou esta mañá no peirao de Ferrazo Norte con 104 pasaxeiros a bordo, na súa práctica totalidade de nacionalidade británica, e 73 tripulantes.

O Porto de Vilagarcía pechou o primeiro trimestre do ano con 329.849 toneladas de tráfico portuario. Marzo é o mes con mellores rexistros deste trimestre, achegando 128.844 toneladas de mercadorías a este balance, o que supón un incremento de máis do 10% con relación ao mesmo mes do pasado exercicio.
Este positivo resultado permitiu…

Este domingo, en augas de porto de Vilaxoán, disputarase a decimo sexta edición da bandeira de bateis “Porto de Vilagarcía”. A partir das 11 da mañá aproximadamente 00 tripulacións de toda a provincia competirán nun total de 12 categorías -alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub23 e absoluto, tanto en modalidade masculina como feminina- co…
O Porto de Vilagarcía pechou o ano 2023 fixando, con ampla marxe sobre os seus anteriores rexistros, un novo récord de tráficos portuarios. En total, polos peiraos arousáns movéronse durante o pasado exercicio 1.552.474 toneladas de mercadorías, cifra que permitiu superar en máis de 40.000 toneladas o anterior récord (establecido en 2021 con 1.…
Pagination
- Previous page
- Page 2
- Páxina Seguinte