A Autoridade Portuaria acolle un curso para a formación de servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques
A actividade desenvolverase ao longo de toda esta semana, na sala de conferencias da Autoridade Portuaria

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolle durante esta semana un curso para a formación dos servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques atracados en porto, no que participan 40 persoas.
A realización desta formación foi unha iniciativa conxunta da Autoridade Portuaria e Capitanía Marítima de Vilagarcía, quen solicitou a súa celebración nas dependencias da Autoridade Portuaria arousá á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP): Esta actividade está dirixida a servizos de extinción de incendios e salvamento, servizos de protección civil e emerxencias e grupos de emerxencias supramunicipais.
O curso inclúese no programa de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública. O curso foi inaugurado esta mañá, nun acto no que interviñeron, ademais José Manuel Cores Tourís, presidente da Autoridade Portuaria, a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva. Tamén asistiron á inauguración do curso o capitán marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez, e a directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo.
Porto de Vilagarcía, 27 de marzo de 2023.

A Autoridade Portuaria concesiona a Parquistas de Carril dúas naves situadas no tramo final do peirao de O Ramal
O presidente tamén presentou o balance provisional de tráficos dos dez primeiros meses do ano, que se pecharon con 1,3 millóns de toneladas movidas

O Porto de Vilagarcía pon a proba o seu Plan de Emerxencia Interior e Autoprotección cun simulacro de incendio
A Autoridade Portuaria tamén revisou o seu Plan de Protección do Porto cun exercicio de mesa, con participación de Policía Nacional e Garda Civil

O Porto de Vilagarcía testa o correcto funcionamento dos seus plans de emerxencia mediante a realización dun simulacro
O suposto para resolver foi un incidente de contaminación mariña provocado por unha vertedura dunha substancia oleosa no peirao Comercial
Pagination
- Previous page
- Page 13
- Páxina Seguinte