A Autoridade Portuaria de Vilagarcía impulsa unha mostra fotográfica virtual e colaborativa como homenaxe ante a crise do COVID-19

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía impulsa unha mostra fotográfica virtual e colaborativa como homenaxe ante a crise do COVID-19

Recoller e compartir as experiencias cidadás en relación coa crise sanitaria do COVID-19 é o obxectivo que se expón a Autoridade Portuaria de Vilagarcía coa organización de “Contra vento e marea".

Recoller e compartir as experiencias cidadás en relación coa crise sanitaria do COVID-19 é o obxectivo que se expón a Autoridade Portuaria de Vilagarcía coa organización de “Contra vento e marea”, unha exposición fotográfica virtual e colaborativa exposta como mostra de solidariedade e homenaxe.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía recompilará testemuños fotográficos para mostrar –desde a perspectiva dos cidadáns- como a nosa sociedade adaptouse, con compromiso e responsabilidade, a esta situación excepcional: traballadores de servizos esenciais, persoal sanitario, teletraballo, situacións cotiás, etc. Trátase dunha iniciativa impulsada polo porto de Valencia e á que se sumaron diversas Autoridades Portuarias de toda España.

Para poder desenvolver esta iniciativa a Autoridade Portuaria convida tanto a afeccionados á fotografía como a profesionais a enviar imaxes para compartir a súa experiencia e a súa vivencia desta crise. As fotografías deberán remitirse á dirección de correo electrónico contravientoymarea@portovilagarcia.es, expresamente creada para este fin. As imaxes recibidas poderanse ver en galerías fotográficas tanto na web da Autoridade Portuaria como na súa páxina de Facebook. No texto da mensaxe deberá facerse constar o nome da imaxe e nome do autor da fotografía, así como autorizar expresamente á Autoridade Portuaria a utilizar a imaxe na mostra. As fotografías deberán ser orixinais e o remitente das mesmas deberá ser o seu autor. A normativa así como o modelo para autorizar o uso da imaxe están dispoñibles na seguinte ligazón.

A Autoridade Portuaria concesiona a Parquistas de Carril dúas naves situadas no tramo final do peirao de O Ramal

O presidente tamén presentou o balance provisional de tráficos dos dez primeiros meses do ano, que se pecharon con 1,3 millóns de toneladas movidas

O Porto de Vilagarcía pon a proba o seu Plan de Emerxencia Interior e Autoprotección cun simulacro de incendio

A Autoridade Portuaria tamén revisou o seu Plan de Protección do Porto cun exercicio de mesa, con participación de Policía Nacional e Garda Civil

O Porto de Vilagarcía testa o correcto funcionamento dos seus plans de emerxencia mediante a realización dun simulacro

O suposto para resolver foi un incidente de contaminación mariña provocado por unha vertedura dunha substancia oleosa no peirao Comercial