A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renova as súas certificacións ISO de xestión de calidade, ambiental, e seguridade e saúde no traballo

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renova as súas certificacións ISO de xestión de calidade, ambiental, e seguridade e saúde no traballo

As certificacións estarán vixentes ata 2027, debéndose superar unha auditoría anual de seguimento para o seu mantemento.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renovou as certificacións ISO 9001, ISO 14001 e ISO 45001. As certificacións, emitidas pola firma ICDQ, están referidas aos ámbitos de xestión de calidade; xestión ambiental; e xestión de seguridade e saúde no traballo, respectivamente. As certificacións estarán vixentes ata 2027, debéndose superar unha auditoría anual de seguimento para o seu mantemento. 

A Norma ISO 9001 especifica os requisitos para un sistema de xestión da calidade, á vez que axuda a avaliar e mellorar a satisfacción dos usuarios e a establecer controis e medidas para a mellora continua. 

A Norma ISO 14001 céntrase nos requisitos para un sistema de xestión ambiental co fin de que a organización desenvolva e implemente unha política e uns obxectivos ambientais, contribuíndo así á mellora da súa desempeño nestes ámbitos. 

A certificación conforme ás normas ISO 9001 e ISO 14001 na Autoridade Portuaria de Vilagarcía é aplicable ás actividades de xestión directa de servizos portuarios: sinalización marítima; subministración de enerxía eléctrica e auga potable; escala de buques; servizo de almacenamento; e seguridade e vixilancia.

Pola súa banda, a norma ISO 45001 pon o foco na xestión da seguridade e saúde no traballo, orientándoa cara á implementación dunha política que non só teña un impacto positivo sobre a seguridade e saúde no traballo, senón tamén sobre as condicións laborais do persoal, a participación dos empregados e a súa implicación nas melloras. A certificación é extensiva a todos os ámbitos que abarcan as ISO 9001 e 14001 na Autoridade Portuaria de Vilagarcía e adicionalmente tamén ás actividades de xestión de uso de dominio público portuario: concesións e autorizacións; e infraestrutura e investimento portuario. 

Coa renovación destas certificacións, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía reforza o seu compromiso coa promoción do concepto de calidade total e a procura da mellora continua como un dos seus principios de xestión, buscando en todo momento a excelencia na prestación de servizos e traballando para que estes sexan cada vez máis eficaces e eficientes.

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, agradeceu a implicación e compromiso de todos os traballadores da Autoridade Portuaria para facer posible a renovación destas acreditacións. Tourís engadiu que a Autoridade Portuaria, ao orientar o seu labor cara á plena satisfacción dos seus clientes mediante un enfoque centrado na comprensión das súas necesidades, contribúe á achega de valor engadido para os seus usuarios e facilita a competitividade das empresas que integran a comunidade portuaria arousá así como a daquelas que utilizan o porto de Vilagarcía coma nó loxístico nos seus intercambios comerciais. 

Porto de Vilagarcía, 22 de xuño de 2024 

Un total de 20 embarcacións arribarán mañá a Vilagarcía, último porto do “ Caminho marítimo de Santiago en Portugal”

A carabela Vera Cruz, recreación dun buque dos séculos XV- XVI, poderá visitarse sábado pola tarde e domingo pola mañá no peirao pantalán da dársena 2

A Autoridade Portuaria aproba un convenio coa Garda Civil para poñer á súa disposición unha nova sede dentro do Porto

O presidente presentou o balance de tráficos ata marzo e anunciou o comezo da tempada de cruceiros, este mesmo domingo

A desafectación da parcela da antiga Comandancia formalízase en tempo récord

Os terreos serán adquiridos polo Concello de Vilagarcía para a súa cesión á Consellería de Sanidade con destino á creación dun centro de saúde