A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renova as súas certificacións ISO de xestión de calidade, ambiental, e seguridade e saúde no traballo
As certificacións estarán vixentes ata 2027, debéndose superar unha auditoría anual de seguimento para o seu mantemento.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renovou as certificacións ISO 9001, ISO 14001 e ISO 45001. As certificacións, emitidas pola firma ICDQ, están referidas aos ámbitos de xestión de calidade; xestión ambiental; e xestión de seguridade e saúde no traballo, respectivamente. As certificacións estarán vixentes ata 2027, debéndose superar unha auditoría anual de seguimento para o seu mantemento.
A Norma ISO 9001 especifica os requisitos para un sistema de xestión da calidade, á vez que axuda a avaliar e mellorar a satisfacción dos usuarios e a establecer controis e medidas para a mellora continua.
A Norma ISO 14001 céntrase nos requisitos para un sistema de xestión ambiental co fin de que a organización desenvolva e implemente unha política e uns obxectivos ambientais, contribuíndo así á mellora da súa desempeño nestes ámbitos.
A certificación conforme ás normas ISO 9001 e ISO 14001 na Autoridade Portuaria de Vilagarcía é aplicable ás actividades de xestión directa de servizos portuarios: sinalización marítima; subministración de enerxía eléctrica e auga potable; escala de buques; servizo de almacenamento; e seguridade e vixilancia.
Pola súa banda, a norma ISO 45001 pon o foco na xestión da seguridade e saúde no traballo, orientándoa cara á implementación dunha política que non só teña un impacto positivo sobre a seguridade e saúde no traballo, senón tamén sobre as condicións laborais do persoal, a participación dos empregados e a súa implicación nas melloras. A certificación é extensiva a todos os ámbitos que abarcan as ISO 9001 e 14001 na Autoridade Portuaria de Vilagarcía e adicionalmente tamén ás actividades de xestión de uso de dominio público portuario: concesións e autorizacións; e infraestrutura e investimento portuario.
Coa renovación destas certificacións, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía reforza o seu compromiso coa promoción do concepto de calidade total e a procura da mellora continua como un dos seus principios de xestión, buscando en todo momento a excelencia na prestación de servizos e traballando para que estes sexan cada vez máis eficaces e eficientes.
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, agradeceu a implicación e compromiso de todos os traballadores da Autoridade Portuaria para facer posible a renovación destas acreditacións. Tourís engadiu que a Autoridade Portuaria, ao orientar o seu labor cara á plena satisfacción dos seus clientes mediante un enfoque centrado na comprensión das súas necesidades, contribúe á achega de valor engadido para os seus usuarios e facilita a competitividade das empresas que integran a comunidade portuaria arousá así como a daquelas que utilizan o porto de Vilagarcía coma nó loxístico nos seus intercambios comerciais.
Porto de Vilagarcía, 22 de xuño de 2024
O presidente de Puertos del Estado visita o Porto de Vilagarcía de Arousa
Rodríguez Dapena reúnese co presidente, conselleiros, equipo directivo da Autoridade Portuaria e con representantes da Comunidade Portuaria

Os tráficos do porto de Vilagarcía manteñen a súa boa progresión a e as mercadorías medran un 25% nos dous primeiros meses do año
O crecemento porcentual dos tráficos no porto arousán é o terceiro maior de todo o sistema portuario
Os tráficos do porto de Vilagarcía medran un 40% en xaneiro, consolidando o incremento co que pechou o pasado exercicio
O total de tráfico portuario no primeiro mes do ano ascendeu a 136.585 toneladas, cunha subida de máis do 60% no movemento de graneis sólidos
Pagination
- Previous page
- Page 18
- Páxina Seguinte