A Autoridade Portuaria homenaxea a tres traballadores que cumpriron 25 e 50 anos como empregados da organización
Os homenaxeados compartiron co presidente algunhas anécdotas da súa traxectoria profesional na Autoridade Portuaria

O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega onte de senllos reloxos a tres traballadores esta entidade para conmemorar importantes fitos na súa traxectoria profesional nesta organización. En dous dos casos, os traballadores cumpriron 25 anos como empregados do porto arousán en decembro de 2022, mentres que o terceiro homenaxeado é protagonista dun feito aínda máis destacado, ao celebrar recentemente os seus 50 anos como integrante do persoal da Autoridade Portuaria.
Os empregados homenaxeados polos seus 25 anos na Autoridade Portuaria son José Antonio Piñeiro Muíños, que desenvolve o seu traballo no departamento de Infraestruturas, e José Luis Barreiro Meis, adscrito ao servizo de Mantemento da Autoridade Portuaria, á que accedeu tras ser experto en electricidade e fontanería na última escola taller organizada pola Autoridade Portuaria, entre os anos 1997 e 1999. Pola súa banda, Felipe Pérez Carballo recibiu un recoñecemento especial polos seus 50 anos como empregado desta organización, só uns meses antes da súa xubilación definitiva.
O presidente da Autoridade Portuaria felicitou polos seus respectivos aniversarios aos homenaxeados, quen compartiu varias anécdotas da súa vida laboral.
Felipe Pérez lembrou que comezou a traballar no porto con 14 anos, en 1973, e mencionou a introdución dos sistemas informáticos como un dos momentos máis importantes na súa carreira. Felipe Pérez foi a cabeza visible do departamento de informática do porto durante aproximadamente 25 anos, antes de asumir o posto de responsable de dominio público; e previamente prestara servizos como conserxe (o seu primeiro posto na Autoridade Portuaria) como guardamuelles e tamén como asistente de Dirección.
Porto de Vilagarcía, 23 de marzo de 2023.

A Autoridade Portuaria acolle un simulacro de loita contra a contaminación mariña
O exercicio non implicou o despregamento de medios. A súa finalidade é testar a coordinación e capacidade de resposta ante un incidente na mar

O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao primeiro dos dous cruceiros previstos para esta fin de semana
Desde primeira hora da mañá está atracado en Ferrazo Norte o National Geographic Explorer. O domingo espérase ao Island Sky

O porto recibe ao Hebridean Sky, primeiro cruceiro da tempada
A pasaxe está composta por aproximadamente cen persoas, na súa práctica totalidade de nacionalidade británica
Pagination
- Previous page
- Page 4
- Páxina Seguinte