O porto recibe ao Hebridean Sky, primeiro cruceiro da tempada
A pasaxe está composta por aproximadamente cen persoas, na súa práctica totalidade de nacionalidade británica

O porto de Vilagarcía abre hoxe a tempada de cruceiros coa escala do “Hebridean Sky”, da navieira Nobre Caledonia, un cruceiro de 90 metros de eslora e bandeira de Gran Bahamas. O buque atracou esta mañá no peirao de Ferrazo Norte con 104 pasaxeiros a bordo, na súa práctica totalidade de nacionalidade británica, e 73 tripulantes.
O “Hebridean Sky” efectuou a súa entrada ás sete e media da mañá, procedente do Porto, e deixará o porto arousán ás seis e media da tarde, con destino A Coruña. O buque comezou o seu itinerario en Málaga o día 1 de maio e finalizarao en Portsmouth o sábado, día 11 de maio. O descubrimento de pazos da contorna de Vilagarcía, coa súa riqueza patrimonial e paisaxística, é unha das actividades das que a pasaxe poderá gozar durante esta escala.
Durante a súa estancia no noso porto, tripulantes e pasaxeiros poderán desprazarse comodamente ata o centro mediante un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano prestado polo tren turístico. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante atendido por persoal da propia Autoridade Portuaria.
Neste mes de maio está prevista a chegada doutros dous cruceiros ao porto de Vilagarcía.
Porto de Vilagarcía, 6 de maio de 2024.

O presidente da Autoridade Portuaria reúnese co seu homólogo do Real Club de Regatas Galicia
Cores Tourís entregou a Fernando Remírez de Esparza Elías de Molins unha metopa como homenaxe polo 120 aniversario da institución O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, reuniuse esta semana co presidente do Real Club

O Porto de Vilagarcía supera a peche de agosto o millón de toneladas de tráficos e crece un 9,5% con relación ao ano 2021
O movemento de mercadorías en agosto roza as 124.000 toneladas. A mercadoría xeral supuxo case o 52% de todos os tráficos portuarios.

A nao Victoria, réplica da embarcación protagonista da primeira volta ao mundo, pode visitarse en Vilagarcía dende hoxe e ata o martes
A escala, primeira que este buque realiza no porto arousáns, enmárcase na gran xira que está a realizar por distintos portos de España e Europa con motivo do V Centenario da Primeira Volta ao Mundo
Pagination
- Previous page
- Page 15
- Páxina Seguinte