Os tráficos do porto de Vilagarcía manteñen a súa boa progresión a e as mercadorías medran un 25% nos dous primeiros meses do año
O crecemento porcentual dos tráficos no porto arousán é o terceiro maior de todo o sistema portuario

O Porto de Vilagarcía pechou o mellor mes de febreiro das dúas últimas décadas, superando as 127.000 toneladas de tráfico portuario neste mes. O porto de Vilagarcía non alcanzaba as 120.000 toneladas de tráfico portuario nun mes de febreiro desde o ano 2005. Esta marca foi claramente superada, xa que durante o pasado mes, o total de tráfico portuario no noso porto foi de 127.531 toneladas.
Con relación ao comezo do pasado ano, o acumulado no movemento de mercadorías mostra un incremento porcentual do 25% ata peche de febreiro, unha subida moi destacada se temos en conta que o pasado ano, o Porto de Vilagarcía estableceu un récord histórico de tráficos portuarios a peche do exercicio. O total de tráfico portuario nos dous primeiros meses do ano ascende a 264.073 toneladas, fronte ás 210.563 toneladas contabilizadas entre xaneiro e febreiro de 2021.
Na comparativa cos datos do sistema portuario, Vilagarcía é o terceiro porto con maior incremento porcentual dos seus tráficos a peche de febreiro, só por detrás dos portos de Málaga e Alacante, situándose entre os dez portos con maior crecemento relativo nas tres categorías de tráficos portuarios (graneis sólidos, graneis líquidos e mercadoría xeral). O porto arousán tamén superou amplamente o incremento medio do sistema en leste mesmo período, que foi do 9,24%.
Por categorías, a mercadoría xeral representa algo máis da metade de todos os tráficos deste período, mentres que os graneis sólidos e líquidos achegan de maneira equitativa o restante volume de tráficos. Na categoría de mercadoría xeral, destaca o incremento no movemento de mercadoría contenerizada. O total de TEUs movidos a peche de febreiro foi de 5.675, o que supón un incremento do 7,8% con relación ao período xaneiro-febreiro do pasado ano, fronte ao lixeiro descenso, do 1,75%, que lanza a media do sistema. Estas cifras sitúan aos contedores no primeiro lugar por número de toneladas movidas nesta categoría, seguidos de taboleiro e aluminio.
Impacto do paro no transporte
Por outra banda, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía está a experimentar o impacto do paro que afecta o transporte por estrada desde a pasada semana. A pesar de que as operativas de carga e descarga están a poderse realizar en xeral con normalidade, a non dispoñibilidade de transporte en camión está a provocar dificultades e atrasos nas entradas e saídas de mercadoría do recinto portuario desde o luns da pasada semana. No día de hoxe, estímase que as operativas de camións están en torno ao 30% do habitual.
A pesar diso, as cifras provisionais de tráfico deste mes de marzo a día de hoxe apuntan a só un lixeiro descenso con relación ás rexistradas a peche do mesmo mes do pasado ano.
Porto de Vilagarcía, 24 de marzo de 2022

A Autoridade Portuaria concesiona a Parquistas de Carril dúas naves situadas no tramo final do peirao de O Ramal
O presidente tamén presentou o balance provisional de tráficos dos dez primeiros meses do ano, que se pecharon con 1,3 millóns de toneladas movidas

O Porto de Vilagarcía pon a proba o seu Plan de Emerxencia Interior e Autoprotección cun simulacro de incendio
A Autoridade Portuaria tamén revisou o seu Plan de Protección do Porto cun exercicio de mesa, con participación de Policía Nacional e Garda Civil

O Porto de Vilagarcía testa o correcto funcionamento dos seus plans de emerxencia mediante a realización dun simulacro
O suposto para resolver foi un incidente de contaminación mariña provocado por unha vertedura dunha substancia oleosa no peirao Comercial
Pagination
- Previous page
- Page 13
- Páxina Seguinte